Sunday 28 de April de 2024

Riveira conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero cunha concentración na praza da Casa Consistorial


O Concello de Riveira vai conmemorar este mércores 25 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e farao nesta ocasión cunha concentración na praza da Casa Consistorial que se desenvolverá ás 12 do mediodía.

Nun acto que está sendo organizado polo Centro de Información á Muller (CIM), para o acontecemento foron invitados os distintos centros educativos de Secundaria do municipio co fin de expresar conxuntamente unha mensaxe de repulsa contra a violencia machista.

Así mesmo, quérese facer extensible esta invitación a toda a cidadanía de Riveira.

No transcurso do evento, o alcalde e representantes dos centros educativos lerán uns manifestos conmemorativos.